Óscar Vilar «VilarFao», candidato á alcaldía de O Pino

« Os 8 bloques temáticos do programa

Un concello transparente e participativo

Un concello transparente e participativo

Comparte:

  • Realizaremos unha auditoría interna co fin de coñecer o actual estado económico financeiro no que se atopa o noso concello.
  • Crearemos a axenda pública obrigatoria para o Alcalde, e concelleiros/as con dedicación.
  • Fixaremos un calendario de reunións parroquiais, co fin de coñecer as súas demandas.
  • Crearemos a partida económica denominada “orzamentos participativos”, coa mesma contía para todas as parroquias.
  • Impulsaremos o Portal da Transparencia, publicando toda a documentación relativa as actas plenarias, comisións e xuntas.
  • Crearemos a Relación de Postos de Traballo do Concello.