Óscar Vilar «VilarFao», candidato á alcaldía de O Pino

Comparte:

  • Fomentaremos a vivenda de Protección Oficial.
  • Faremos modificacións puntuais do Plan Xeral de Organización Municipal (PXOM), atendendo as novas necesidades tanto no rural como no núcleo urbano.
  • Crearemos unha brigada de obras e servizos que se encargue da reparación do alumeado público, mantemento de beirarrúas, obras de saneamento.... Buscamos, abaratar custes e crear emprego.
  • Estableceremos puntos de reciclaxe en todas as parroquias.
  • Comprometemos o saneamento integral e progresivo do concello a través da E.D.A.R. (Estación Depuradora de Augas Residuais), e colectores no rural.
  • Posta en marcha dun Centro de Día, incluíndo transporte gratuíto e municipal.
  • Acondicionaremos e manteremos en perfecto estado os distintos locais parroquiais.
  • Crearemos un espazo de usos múltiples na parroquia de Arca, un campo de festas e, tamén, un espazo lúdico deportivo, que contemple zonas para actividades específicas como; pista de skate e zona de xogos populares.
  • Instalaremos un ximnasio municipal.
  • Modificaremos o casco urbano de Arca, mellorando a accesibilidade ás beirarrúas e ós locais públicos.