Óscar Vilar «VilarFao», candidato á alcaldía de O Pino

« Os 8 bloques temáticos do programa

Un concello con servizos

Un concello con servizos

Comparte:

  • Solicitaremos a Consellería de Sanidade a atención pediátrica diaria no noso Centro de Saúde.
  • Crearemos a Brigada de Voluntarios de Protección Civil de O Pino, incluíndo, na mesma, a brigada de primeira intervención.
  • Ampliaremos a escola infantil (Galiña Azul), eliminando a lista de espera.
  • Melloraremos o CPI Camiño de Santiago con máis aulas, mellores servizos e instalación progresiva de novas tecnoloxías. Así mesmo, contará con pavillón propio.
  • Crearemos programas de envellecemento activo e saudable para os nosos maiores.
  • Coidaremos as nosas instalacións deportivas, dando novos usos a todas aquelas que carecen de actividade, como o Campo de Fútbol do Lameiro.
  • Implantaremos un Plan de Seguimento e Control destinado a todas aquelas persoas maiores que viven soas.
  • Solucionaremos a problemática dos animais abandonados, a través dun servizo mancomunado, ou mediante convenio con unha entidade privada.   
  • Ampliaremos o horario de recollida no Punto Limpo.
  • Implantaremos un plan de sinalización integral que abarque as 13 parroquias e 176 aldeas.
  • Construiremos unha área de servizo e aparcamento para autocaravanas.
  • Habilitaremos unha zona de aparcamento en Pedrouzo tipo “Leira parking”, destinada a turismos e camións.
  • Aumentaremos a frecuencia do servizo de transporte a parroquia de Arca.