Óscar Vilar «VilarFao»

OS SOCIALISTAS ACUSAN Á CRTVG DE CENSURAR AS PROTESTAS POLA REAPERTURA DA MINA DE TOURO E O PINO

OS SOCIALISTAS ACUSAN Á CRTVG DE CENSURAR AS PROTESTAS POLA REAPERTURA DA MINA DE TOURO E O PINO

28/12/2019

Óscar Vilar Chento denuncia que a TVG agoche a visita de asociacións ao Parlamento Europeo pero si o interese da Eurocámara por unha presunta discriminación lingüística en Cataluña

O parlamentario socialista Óscar Vilar Chento esixiulle hoxe ao director xeral da CRTVG “desculpas e unha explicación crible” logo de ter vetado a recente visita de distintos colectivos veciñais á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar a reapertura da mina de Touro e O Pino. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión pola nula repercusión informativa da visita do pasado 12 de novembro.

Vilar Chento denunciou “inxerencia política e manipulación informativa” con respecto á reapertura a mina, e sinaladamente á visita das asociacións Cova Crea, Petón do Lobo e a Plataforma Veciñal contra a reapertura da mina. Estes colectivos viaxaron o pasado 12 de novembro a Bruxelas para denunciar as repercusións medioambientais desta reapertura diante da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo.

A CRTVG fixo caso omiso da dita visita, malia que contaron coa cobertura dunha cámara do ente público, así como tampouco emitiron “nada” da advertencia do Defensor del Pueblo do pasado 3 de xuño advertindo de graves problemas pola reapertura. Tampouco dixeron nada, dixo, da protesta dos veciños de Touro e O Pino do pasado 26 de outubro.

Sen embargo, advertiu, si que reflexan que a Eurocámara vaille preguntar á Generalitat se hai discriminación cos que falan castelán, como fixeron o pasado 24 de abril de 2018. Puntualizou que “descoñezo a importancia que pode ter para os galegos e galegas, pero estou seguro que ten bastante máis interese informativo un asunto medioambiental que afecta a Galicia que un presunto asunto lingüístico catalán”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE