Segundo a orde do 26 de novembro de 2019 publicada hoxe no DOGA, a partir de mañá, 10 de decembro de 2019, os agricultores e gandeiros galegos poderán solicitar as axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2020.
Requisitos
- A subscrición do seguro ten que realizarse exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Empresa e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes autorizados.
- A contratación con estas entidades poderá facerse de forma individual o ben de forma colectiva.
Máis información sobre este procedemento na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR443A&ano=2020&numpub=1&lang=es