Óscar Vilar «VilarFao»

Os Socialistas levan ao Parlamento o peche do servizo de pediatría en O Pino dende o 4 de novembro pola baixa da titular

Os Socialistas levan ao Parlamento o peche do servizo de pediatría en O Pino dende o 4 de novembro pola baixa da titular

26/11/2019

Óscar Vilar Chento denuncia a “falla de criterio” do Sergas para enviar substituto “máis alá do número de queixas e reclamacións recibidas

O parlamentario socialista Óscar Vilar Chento vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias sobre o peche “de facto” do servizo de Pediatría no Centro de Saúde de O Pino dende a baixa da súa titular, o pasado 4 de novembro. Dende entón, tanto os pais e nais deste concello como do veciño de Touro, co que comparte servizo, teñen que se desprazar á consulta no CHUS de Santiago de Compostela.

Os socialistas galegos trasladan ao Parlamento as “molestias, enfado e preocupación nos nais e pais” diante desta situación que deriva na desatención de revisións anuais, ademais de que “xera colapsos e aumenta as listas de espera para os escasos ou nulos días de consulta”. Sinala que “un servizo tan esencial como a atención médica infantil debe estar sempre garantida e non depender das libranzas ou ausencias dunha soa profesional”.

Advertiu que este “problema reiterado” está a causar un “fondo malestar” entre a poboación, xa que “os nais e pais descoñecen que día vai haber substituto ou non á hora de solicitar as súas consultas”. Denunciou que a Xunta “está a optar por enviar de vez en cando a unha persoa para cubrir o servizo, pero sen seguir ningún tipo de criterio serio”, máis alá do “número de queixas e reclamacións recibidas”.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE