Óscar Vilar «VilarFao»

OS SOCIALISTAS ESÍXENLLE A MEDIO RURAL QUE AXILICE AS 104 CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS PENDENTES

OS SOCIALISTAS ESÍXENLLE A MEDIO RURAL QUE AXILICE AS 104 CONCENTRACIÓNS PARCELARIAS PENDENTES

20/11/2019

Óscar Vilar Chento cuestiona o compromiso de rematar co proceso na que o PP cualificou de Lexislatura do Rural, da que apenas restan nove meses

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Óscar Vilar Chento, esixiulle hoxe ao conselleiro de Medio Rural que axilice o proceso de concentración parcelaria de Galicia. Vilar presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que lembrou que aínda quedan 104 procesos de concentración parcelaria en Galicia que en casos suman décadas de espera, ademais de outros 17 coa entrega de títulos pendente.

O responsable socialista puxo en dúbida que o goberno galego poida cumprir co seu compromiso de rematar coas parcelarias nesta Lexislatura, que Feijóo acuñou co eslogan da “Lexislatura do Rural”. Explicou que se en máis de 3 anos e con 80 millóns de orzamento tan só avanzaron en 33 procesos, será difícil que en apenas 9 meses e cos 20 millóns pendentes de investir poidan rematar cos 104 procesos pendentes.

Vilar Chento puxo como exemplo casos de parcelarias “decretadas e pendentes”, cando a gran maioría delas levan máis de 20 anos “esquecidas”, como é o caso de Gonzar II en O Pino, Villestro e Figueiras en Santiago, Noceda, Bendoiro, Anzo, Madriñán e Busto en Lalín, ou Agolada, entre moitas outras.

Explotacións leiteiras

O parlamentario socialista desmentiu o suposto compromiso do goberno galego coa xente que “traballa, coida e reside no rural galego” cando a pesares da súa política de anuncios “cada día pechan máis explotacións leiteiras” a un ritmo dunha por día, tal e como sinala o Fondo Español de Garantía Agraria –Fega-. Así, dixo, dende 2016 perdéronse un total de 1.353 explotacións leiteiras ata un total de 7.249 actualmente.

Comunicación PSdeG-PSOE