Óscar Vilar «VilarFao», candidato á alcaldía de O Pino

Información Sesión Plenaria Extraordinaria a celebrar mañá venres, 6 de setembro de 2019, as 13:30 horas

Información Sesión Plenaria Extraordinaria a celebrar mañá venres, 6 de setembro de 2019, as 13:30 horas

05/09/2019

Sesión plenaria con punto único na orde do día; “Participar na 2ª Fase do POS+ Adicional 1/2019 da Deputación da Coruña”. Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (11)

O Concello de O Pino ó sumarse a esta iniciativa, da Deputación da Coruña, vai recibir 241.712,02€ máis.

Fondos, que unha vez sometidos á aprobación do Pleno serán destinados aos seguintes proxectos:

  • Mellorar a capa de rodaxe da estrada local de N634 ao límite co Concello de Oroso (vía que cruza a parroquia de Budiño). A actuación contempla unha capa de 4 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, pintado de liñas (bordo e eixo), e instalación de varios sinais de curvas perigosas. Provisión de fondos; 168.620,21€, dos que 152.050,81€ achega a Deputación da Coruña e 16.570,02€ o Concello de O Pino.

  • Instalar unha cuberta no Parque Infantil de Forcarey (o máis próximo á Escola Infantil Galiña Azul). Así mesmo, debido a estas obras, haberá que repoñer un novo pavimento de caucho a todo o parque. A provisión de fondos é de 89.661,21€ (achega integra da Deputación de A Coruña).

Cabe lembrar que, esta úlima actuación é unha vella demanda do Grupo PSdeG-PSOE de O Pino.