Óscar Vilar «VilarFao», candidato á alcaldía de O Pino

A Deputación da Coruña financia o arranxo das estradas locais de Suso a Igrexa en San Breixo e a da Xesta a Frechazo Último en San Mamede

A Deputación da Coruña financia o arranxo das estradas locais de Suso a Igrexa en San Breixo e a da Xesta a Frechazo Último en San Mamede

26/08/2019

En total 56.420€ con cargo o POS+2018 da Deputación. Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (10)

Tres quilómetros de estradas locais nas parroquias de San Breixo (1 quilómetro), e San Mamede de Ferreiros (2 quilómetros), no concello de O Pino que acaban de ser amañadas grazas aos fondos do ente provincial.

As actuacións consistiron no arranxo das fochancas e posteriormente unha mellora nas capas de rodaxe mediante un tratamento asfáltico superficial e posterior rego de selado a toda a plataforma.

As obras foron realizadas pola empresa Obras y Viales de Galicia, S.L. (OVIGA) e o orzamento ascendeu a 56.420€ (ive incluído).

Presentáronse á licitación cinco empresas; Arines Obras y Servicios. S.L.; Cosmalca, S.L.; Hordescon, S.L.; Obras y Viales de Galicia, S.L.; e José No Martiñan e Hijos, S.L.