Óscar Vilar «VilarFao»

Alumeado público tipo led para as parroquias de Pereira e O Pino grazas aos fondos POS+2018 da Deputación da Coruña

Alumeado público tipo led para as parroquias de Pereira e O Pino grazas aos fondos POS+2018 da Deputación da Coruña

24/08/2019

80.662,23€ Custo total da obra. Empresa adxudicataria: Electricidade Cruceiro, S.L. Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (8)

Proxecto que contempla o arranxo e renovación de varias instalacións de alumeado público nas parroquias de Pereira e O Pino. En total 124 puntos, distribuídos da seguinte forma tal como se estipula na redacción do proxecto:

  • Na parroquia de Pereira renóvanse 47 puntos; Alta Pereira 6 puntos; Alvarín 4 puntos, Alvite 5 puntos; Castro 4 puntos; Cimadevila 13 puntos; Igrexa 15 puntos.
  • Na parroquia de O Pino renóvanse 77 puntos; Bermás 10 puntos; Igrexa 26 puntos; Leborán 18 puntos, Piñeiro 19 puntos; Vento 4 puntos.

Así mesmo, nesta actuación, tamén se ten que levar a cabo a substitución de 15 cadros de control e medición, substitución dos brazos deteriorados, e tramos de liña eléctrica.

Presentáronse cinco licitadores: Electricidade Cruceiro, S.L., Alumea, S.L., Esqueiro, S.L., Elecnor, S.A., e S3 Systems & Soluctions, S.L.

A empresa adxudicataria foi Electricidade Cruceiro, S.L. por un importe de 80.662,23€ (IVE incluído)

 A obra conta con un prazo de execución de 90 días.