Óscar Vilar «VilarFao»

45.420€ Custo ampliación ancho de plataforma estrada local que vai dende o Cruce de Sar a Quintáns (parroquia de Budiño). Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (6)

45.420€ Custo ampliación ancho de plataforma estrada local que vai dende o Cruce de Sar a Quintáns (parroquia de Budiño). Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (6)

19/08/2019

Segundo tramo (945 metros), da estrada principal da parroquia de Budiño que contará con máis ancho de plataforma (75 centímetros a cada lado). Financia a Deputación de A Coruña

Obra financiada pola Deputación de A Coruña con cargo ao Plan Complementario do POS+2018.

A actuación principal, o igual que no primeiro tramo, e ampliar o ancho de plataforma, 75 centímetros a cada lado e limpeza de cunetas.

Presentáronse catro licitadores: Arines Obras y Proyectos, S.L., Cosmalca, S.L., Hordescon, S.L., Obras y Viales de Galicia, S.L.

A empresa adxudicataria foi Obras y Viales de Galicia , S.L. (OVIGA), por un importe de 45.420€ (IVE incluído)

Conta con un prazo de execución de 90 días, e a día de hoxe está pendente o inicio das obras.