Óscar Vilar «VilarFao»

Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (5). 79.820€ Custo da ampliación do ancho, do primeiro tramo, da estrada local que vai dende a N-634 a Cruce de Sar na parroquia de Budiño

Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (5). 79.820€ Custo da ampliación do ancho, do primeiro tramo, da estrada local que vai dende a N-634 a Cruce de Sar na parroquia de Budiño

16/08/2019

Este primeiro tramo (1.850 metros), o igual que os dous restantes, contará con máis ancho de plataforma (75 centímetros a cada lado), pola contra non se eliminan as Curvas da Xesteira. Financia a Deputación de A Coruña

Obra financiada pola Deputación de A Coruña con cargo ao Plan Complementario do POS+2018.

A actuación principal e ampliar o ancho de plataforma, 75 centímetros a cada lado, e limpeza de cunetas. Non se prevé a eliminación do tramo de Curvas da Xesteira, aínda que dende o noso Grupo, e, tamén, gran parte dos veciños/as da parroquia de Budiño así o demandaban.

Presentáronse seis licitadores: Arines Obras y Proyectos, S.L., Cosmalca, S.L., Hordescon, S.L., Obras y Viales de Galicia, S.L., Explotaciones Gallegas, S.L., e Marconsa, S.L.

A empresa adxudicataria foi Obras y Viales de Galicia , S.L. (OVIGA), por un importe de 79.820€ (IVE incluído)

Conta con un prazo de execución de 90 días, e a día de hoxe está pendente o inicio das obras.