Esta obra de conservación e mantemento pretende mellorar a capa de rodaxe, desta vía local de dous quilómetros de lonxitude e 5,5 metros de ancho, mediante as seguintes actuacións; limpeza de cunetas, bacheado e posterior tratamento asfáltico superficial con rego de selado a toda a plataforma.
Presentáronse seis licitadores: Arines Obras y Proyectos, S.L., Cosmalca, S.L., Hordescon, S.L., Obras y Viales de Galicia, S.L., e Marconsa, S.L.
A empresa adxudicataria foi Cosmalca, S.L. por un importe de 48.065,01€ (IVE incluído).
- Financiamento: obra subvencionada pola Deputación da Coruña con cargo o ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único Concellos) POS+2018.
- Estado: en execución.