Óscar Vilar «VilarFao»

Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (3). 66.717,98€ Custo Senda Peonil Acceso Cemiterio de Arca

Fomentando a transparencia e informando á veciñanza (3). 66.717,98€ Custo Senda Peonil Acceso Cemiterio de Arca

14/08/2019

973 metros de senda peonil financia a Deputación da Coruña con cargo ao POS+2018

Obra de Senda Peonil na parroquia de Arca (acceso cemiterio). Senda dividida en seis treitos 359x2,00; 215x2,00; 133x2,00; 44x2,00; 88x2,00 e 134x1,50 m., todos eles contarán con pavimento de formigón.

Para esta obra presentáronse sete licitadores; Arines Obras y Proyectos, S.L., Excavaciones Ovidio, S.L., Gestal y López, S.L., Cosmalca, S.L., Hordescon S.L., Obras y Viales de Galicia, S.L., Sergonsa Servicios, S.L.  

A empresa adxudicataria foi Cosmalca, S.L. por un importe de 66.717,98€ (IVE incluído)

  • Financiamento: obra subvencionada pola Deputación da Coruña con cargo o ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único Concellos) POS+2018.
  • Estado: pendente de execución.