Óscar Vilar «VilarFao»

Fomentando a transparencia e informando á veciñanza. 49.775€ Suma o custo da Comida da Festa do Galo e Mercado Celta ano 2019

Fomentando a transparencia e informando á veciñanza. 49.775€ Suma o custo da Comida da Festa do Galo e Mercado Celta ano 2019

12/08/2019

34.650€ en concepto "Degustación e Comida Festa do Galo", e 15.125€ en concepto do "Mercado/Festa Celta"

O noso equipo, o do PSdeG de O Pino, na pasada campaña das eleccións municipais prometía impulsar a transparencia. Creemos, que todos/as os veciños/as de O Pino teñen dereito a ser informados, e esa información debe incluír aquelas cantidades de diñeiro que o equipo do goberno destina aos distintos servizos, obras, festas, e eventos.

Do mesmo xeito, todos e todas, temos dereito a saber cales foron as empresas adxudicatarias, e cantas se presentaron as distintas licitacións.

Un exercicio de transparencia que deberían practicar os nosos gobernantes, e que, nós, prometemos facer efectivo dentro das nosas posibilidades

Comezamos informando do custo que tivo a pasada edición da Festa Celta, o custo da Degustación e Comida da Festa do Galo 2019, e, tamén, o Servizo de Organización da Festa dos Maiores 2019 do Concello de O Pino.

  • Festa Celta 2019 adxudicada a “Legend Especialistas S.L.” por un importe de 15.125€ (IVE incluído). Presentáronse tres licitadores; “A.M.B. Producciones S.L.”, “Balconet Operador de Mercados Temáticos SLU”, e “Legend Especialistas S.L.”
  • Degustación Comida Festa do Galo 2019 adxudicada ao “Restaurante A´Magdalena S.L.” por un importe de 34.650€ (IVE incluído).  Presentouse un só licitador; “Restaurante A´Magdalena S.L.”
  • Servizo de Organización da Festa dos Maiores 2019 Concello de O Pino adxudicada ao "Restaurante A´Magdalena S.L.” por un importe de 33.550€ (IVE incluído). Presentouse un só licitador; “Restaurante A´Magdalena S.L.”