Óscar Vilar «VilarFao»

Incumprimeto da Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia por parte do Concello de O Pino

Incumprimeto da Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia por parte do Concello de O Pino

05/08/2019

O PSdeG local, denuncia que esta pasada fin de semana un can estivo encerrado nunha nave municipal ladrando e chorando, “cando a obriga municipal é recollelo e albergalo nun centro autorizado ata que o seu propietario/a o retire, ou ben o cánido sexa acollido ou adoptado, tal como estipula a lei galega” apuntan

Os Socialistas de O Pino veñen de publicar un vídeo nas súas redes sociais, onde denuncian e demostran que durante a fin de semana o Concello de O Pino tivo encerrado un can, ou cadela, nunha nave municipal, incumprindo así o artigo 22 da Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía en Galicia.


Unha lei que obriga a todos os concellos a recoller os animais vagabundos e extraviados que deambulen polo termo municipal e logo, inmediatamente despois, albergalos nun centro de recollida de animais abandonados inscritos no Rexistro Galego de Núcleo Zoolóxicos ata que sexan retirados polo propietario/a, ou ben sexan acollidos ou adoptados, “unha nave tipo industrial non é o lugar máis axeitado”, denuncian.

Solicitan un convenio de colaboración con unha canceira ou asociación

Así mesmo, solicitarán, de novo, un convenio de colaboración con unha canceira, ou asociación protectora en defensa dos animais, “a lei está para cumprirse, e xa estamos cansos de escoitar sempre a mesma escusa por parte do alcalde, cada vez que se trata este asunto remitise a que a solución virá a través da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés, pero levamos esperando dous anos e non vemos ningún avance”, indican dende o Grupo Socialista de O Pino.