Óscar Vilar «VilarFao», candidato á alcaldía de O Pino

O PSOE de O Pino rexistra a súa proposta de Organización Municipal para o mandato 2019-2023

O PSOE de O Pino rexistra a súa proposta de Organización Municipal para o mandato 2019-2023

20/06/2019

Solicitan, entre outros, a celebración dun pleno cada mes, eliminar a Xunta de Goberno Local, crear seis Comisións Informativas para afrontar entre todos/as os novos retos e coincidencias programáticas, e, tamén, limitar a cantidade adicada a dedicacións exclusivas, fixando a mesma en 36.000€ brutos anuais

O Grupo Municipal PSdeG-PSOE de O Pino, formado polas concelleiras, Inka Lareo, Noris Núñez e o concelleiro Óscar Vilar, vén de rexistrar a súa proposta de Organización Municipal para o mandato 2019-2023.

Proposta que aposta por aumentar a periodicidade das sesións plenarias; unha o mes, e cambiar a hora de celebración das mesmas. Dende o PSOE piden que pasen a celebrarse as 20:00 horas, en vez das 13:30 horas, facilitando así a asistencia da veciñanza.

Nesta mesma liña, e apostando por unha maior transparencia, os socialistas queren que se elimine a Xunta de Goberno Local, “a lei non obriga a dispoñer de este órgano nos concellos con menos de 5.000 habitantes, e creemos que non é necesaria, as competencias as asumiría o Pleno”, apuntan.

Demandan a creación de seis Comisións Informativas e limitar a cantidade adicada a dedicacións exclusivas

Así mesmo, demanda a creación de seis comisións informativas; urbanismo, turismo, educación cultura e deporte, facenda, servizos sociais, e servizos públicos. Comisións que terían como misión principal o estudo das diferentes propostas para afrontar os novos retos, dadas as coincidencias programáticas dos tres partidos nas pasadas eleccións. Propostas como; modificación do Plan Xeral; ordenanza dos pisos turísticos; accesos á autovía A54 Xacobeo 2021; ampliación da gardería e CPI; construción do Centro de Día; etc... “todo isto se prometía en campaña, e por parte de todos os partidos, agora, xa rematada a campaña, é a hora de que as promesas muden a feitos, é a hora de poñerse a traballar para que entre todos e todas busquemos as mellores solucións para os nosos veciños/as. Nós, estamos por esa labor, pronto saberemos que opina o resto”, afirma o equipo socialista de O Pino.

Por último, tamén propoñen limitar a cantidade adicada para as dedicacións exclusivas, fixando un tope de 36.000€ anuais. Unha rebaixa considerable en comparación a anterior lexislatura onde o gasto anual por este concepto ascendía a máis de 85.000€.

Os socialistas, son sabedores que a última palabra sobre a proposta a terá o alcalde popular, Manuel Taboada, o contar coa maioría absoluta, aínda que o convidan a facer autocrítica, "nas pasadas eleccións acadou o seu peor resultado, e pola contra a oposición, PSdeG e BNG, sube en votos e porcentaxe, debería gobernar para todos e todas, e a mellor forma e tendo en conta e escoitando as forzas da oposición”, indican.