Óscar Vilar «VilarFao»

Novas concelleiras do PSdeG-PSOE de O Pino

Novas concelleiras do PSdeG-PSOE de O Pino

16/06/2019

Inka Lareo Vaamonde e Noris Núñez Rodríguez novas concelleiras na Corporación de O Pino

Onte, sábado, celebrouse o acto de constitución da nova Corporación do Concello de O Pino.

Acto, onde tomaron posesión dos seus cargos, entre outros/as, as novas concelleiras do Grupo Municipal PSdeG-PSOE; Inka Lareo Vaamonde, Noris Núñez Rodríguez xunto co concelleiro socialista Óscar Vilar Chento.

Un novo equipo que anuncia unha oposición construtiva e baseada en propostas para que máis pronto que tarde O Pino aposte por unha alternativa progresista.