Veciños/as, estes días están a chegar as liquidacións dos atrasos referente o Catastro. Liquidación que poden traen consigo ata catro anos de atrasos.
É de suma importancia saber que só poden aplicar atrasos os bens de natureza urbana, nunca os bens de natureza rústica. Bens, estes últimos (natureza rústica), que ata o de agora estaban exentos, pero coa última regularización catastral si pasan a tributar. Todo ilo grazas a xa denominada amnistía para os pobres promovida polo Ministro Montoro do goberno Rajoy.
Nós, o PSdeG de O Pino, informamos no seu día, informamos que isto ía a pasar, por aquel entón o goberno popular local de O Pino, o do Sr. Taboada, cualificounos de alarmistas, e sempre intentou ignorar a problemática.
Sabemos que non houbo información, sabemos que o proceso de revisión de expedientes foi telemático, con todos os problemas que iso trae consigo para unha gran parte da poboación do noso concello, sen acceso as novas tecnoloxías e gran parte da poboación envellecida.
Hai xente, que pensou que por pagar a taxa dos 60€ (regularización catastral), xa tiña amañado. É FALSO, o pago da taxa non exime do pago dos atrasos, é mais, cando chegou esa taxa era o momento de revisar o expediente e formular as alegacións oportunas.
De seguro que, haberá pendellos, alpendres vinculados a unha explotación agraria, é dicir, que son instalacións mínimas indispensables para as explotación agrogandeiras que estarán catalogadas como almacéns de natureza urbana. Provocando un maior valor catastral, con unha maior base impoñible o que significa un maior pago do imposto.
Que se pode facer agora? Informarse, o prazo de alegacións xa pasou, e de cara a futuro solicitar unha corrección de errores en Catastro.
Por último, indicar o seguinte; é un clasico dos concellos gobernados polos populares botar a culpa a Deputación. A Deputación, neste caso, tramita, xa que os concellos pequenos teñen o cobro delegado no ente provincial. As Deputacións o que si fan é dar facilidades no pago. Con solicitude previa, pódese fraccionar o pago, iso si haberá que incluir os intereses de demora.
O PSdeG de O Pino, como Grupo Municipal, queda a vosa disposición para facilitar a información que precisedes. Podes contactar a través de psoeopino@gmail.com ou ben a través do formulario de contacto desta web.