Óscar Vilar «VilarFao»

Óscar Vilar, valora os resultados das municipais de O Pino como “positivos que confirman o cambio de tendencia, pero nada de triunfalismo, toca seguir traballando”

Óscar Vilar, valora os resultados das municipais de O Pino como “positivos que confirman o cambio de tendencia, pero nada de triunfalismo, toca seguir traballando”

03/06/2019

“Despois da situación vivida na nosa organización, a nivel local, subimos en número de votos e porcentaxe, afianzamos o noso terceiro, e o BNG consegue o segundo concelleiro quitándollo o PP”

Os resultados do pasado 26 de maio en O Pino volven a deixar o Partido Popular con maioría absoluta o conseguir seis concelleiros/as, e as forzas da oposición suman cinco, tres PSdeG-PSOE e dous o BNG, dos once elixibles. 

Tanto o PSdeG como o BNG conseguen os seus mellores resultados desde a instauración da democracia, e xuntos superan ó Partido Popular nas mesas de Arca e Pereira.

O candidato socialista, Óscar Vilar, considera estes resultados como positivos, "veñen a confirmar o cambio de tendencia, a situación no era a máis idónea para a nosa formación e fomos quen de subir en número de votos e porcentaxe, afianzando o noso terceiro concelleiro. Por outra banda, os nosos compañeiros do BNG conseguen o segundo concelleiro quitándollo aos Populares de O Pino", apunta.

Tamén recoñece que facer oposición nun concello como O Pino non é nada fácil, "temos que seguir traballando e nada de triunfalismos", sostén.

Anuncia que dende o minuto un, o seu equipo fará unha oposición construtiva e baseada en propostas para que máis pronto que tarde O Pino aposte por unha alternativa progresista.