Óscar Vilar «VilarFao»

"Os Servizos Sociais están considerados un piar básico da sociedade, e co PSdeG de O Pino estarán garantidos" asegura Noelia

"Os Servizos Sociais están considerados un piar básico da sociedade, e co PSdeG de O Pino estarán garantidos" asegura Noelia

24/05/2019

Noelia Couceiro, a candidata, independente, Nº 6 do PSdeG de O Pino, denuncia o mal funcionamento dos Servizos Sociais do Concello de O Pino

Noelia, define os Servizos Sociais como un piar básico da nosa sociedade; "a súa finalidade realizar accións para satisfacer as necesidades das persoas, solucionar as posibles dificultades e aportar os recursos que melloren a calidade de vida da xente, buscando sempre previr e evitar as causas que conducen á exclusión social".

Denuncia, o grave problema que se está a dar neste ámbito no Concello de O Pino, “as queixas sobre este servizo son continuas”, apunta.

Tamén afirma que; “hai xente con dependentes na casa, persoas en risco de exclusión social ou con necesidades especiais, os cales, se senten desamparados por parte da administración local”. Lembrando que, "a función dos Servizos Sociais é analizar e valorar este tipo de situacións dando logo despois a resposta máis axeitada, situación, esta última, que non se está a dar no noso Concello”, afirma.

Por todo iso, reclama un cambio de goberno municipal, un sistema que funcione, “atopámonos cada vez con unha poboación máis envellecida, e polo tanto, entre outros, necesitamos saber dar repostas, urxe o Centro de Día acompañado dun bo servizo de transporte, contribuíndo así a dar o servizo de calidade que se presupón. En definitiva; necesitamos xente que se preocupe dos problemas da nosa veciñanza, nós, comprometémonos a facelo”, indica.

Agora é o momento