É frustrante querer axudar a aqueles que non se defenden por sí sós e non poder, por mor dunha mala xestión da nosa administración local. A lei de protección e benestar dos animais en Galicia estase incumplindo por parte do concello.
A mencionada lei, obriga ós poderes públicos a cooperar no desenvolvemento de medidas de defensa e protección dos animais; así coma a fomentar a sensibilazión e educación da cidadanía.
O artigo 6 da normativa atribúe a responsabilidade superior sobre este tema ás persoas titulares da alcaldía, polo que nin mencionar ten a culpabilidade do noso goberno actual no desamparo dos animais domésticos que sofren abandono, e malos tratos.
Actualmente O Pino non conta nin con centros de acollida, nin tampouco con convenios de colaboración con outras administracións públicas ou asociacións. É un tema preocupante, principalmente porque hai anos que o noso territorio sofre de moitos abandonos ó ser un lugar tan transitado.
Chamar ó concello solicitando axuda é unha acción improductiva xa que non se obtén resposta. A pérdida, o abandono e o maltrato, non é unha prioridade para o alcalde, aínda que sexa unha lei do 2017 a que llo esté a esixir.
Non é difícil pór unha solución a este problema, o que hai que ter é intención de levalo a cabo. Non falo da construcción dun centro de acollida, xa que nun concello coma o noso, non sería rentable. Pero sí propoñemos o investimento na protección animal a través de convenios colaboradores con administracións locais veciñas, e incluso con asociacións protectoras.
Somos moitos os veciños comprometidos coa causa animal no concello, estamos a ser nós os que lle damos resposta e difusión a través das nosas redes sociais a esta problemática. Avogamos por fomentar a colaboración coa veciñanza e impulsar as casas de acollida, namentres non se atopasen adoptantes.
Comprometémonos a dar resposta a esta problemática e a cumprir co contido da lei.