Óscar Vilar «VilarFao»

Carta Candidato alcaldía de O Pino polo PSdeG-PSOE

Carta Candidato alcaldía de O Pino polo PSdeG-PSOE

23/05/2019

"presentamos unha candidatura nova, integrada por unha mocidade preparada. Un equipo multidisciplinar coa ilusión e a capacidade necesaria para levar a cabo o cambio político que O Pino necesita"

Estimada veciña:

Estimado veciño:

Como sabes, o domingo 26 de maio celébranse eleccións municipais, nas que me presento como candidato/a á alcaldía de O Pino polo PSdeG-PSOE.

O primeiro, animarte a participar nestes comicios, que son especialmente importantes porque a administración local é a máis próxima á cidadanía, a que debe ocuparse dos nosos problemas cotiáns.

Un Alcalde, Alcaldesa, concelleiro e concelleira, como representante público, nunca deben eludir os asuntos que preocupan á veciñanza, teñen a obriga de escoitar, dialogar e tratar de buscar solucións. Son moitas as cousas que se poden facer dende o noso Concello para mellorar o benestar e a calidade de vida en O Pino, entre outras, defender uns servizos públicos de calidade, protexer os nosos sectores produtivos, e fomentar políticas activas de emprego.

Así o entendemos os socialistas e por iso presentamos unha candidatura nova, integrada por unha mocidade preparada. Un equipo multidisciplinar coa ilusión e a capacidade necesaria para levar a cabo o cambio político que O Pino necesita.

Preséntome, xunto o meu equipo, a estas eleccións coa ilusión de liderar un novo goberno municipal que remate coa parálise e o conformismo que vivimos nos últimos anos. Un goberno local aberto, dialógante, e transparente, que escoite e atenda aos veciños, que prime o interese xeral sobre o particular e traballe para impulsar un novo tempo político que garanta o futuro no noso municipio.

Veciña, veciño, agora é o momento, o vindeiro 26 de maio pido a túa confianza e o teu voto para facelo posible.

Moitas Grazas!!!

 

 

Óscar Vilar Chento

Candidato/a á alcaldía de O Pino polo PSdeG-PSOE