Óscar Vilar «VilarFao»

“O Pino, enclave privilexiado con historia”, así define Noris ó noso concello

“O Pino, enclave privilexiado con historia”, así define Noris ó noso concello

22/05/2019

A candidata, independente, número 3 polo PSdeG avoga por coidar, protexer e promocionar o noso

O Pino e un dos concellos coruñeses mellor comunicados vía terrestre, e, incluso, vía aérea, xa que parte do Aeroporto de Santiago está situado neste municipio.

Estas vías de comunicación, actuais, súmanse a importancia das vías antigas, destacando, entre outras, o tramo da “Vía Romana XIX” que cruza O Pino. Tal como indica Noris, “o tramo da vía romana déixanos mostras da nosa civilización e da nosa historia, e temos a obriga de coidar, promocionar e protexer” “Aínda hoxe, hai xente que descoñece que na ponte romana de Ponte Puñide se atopou un Modium de bronce, claro exemplo que non promocionamos o noso patrimonio” afirma.

Noris, tamén, destaca a importancia da nosa arquitectura civil cos pazos e os hórreos, e, "sen esquecer nunca a Luis Seoane, un autentico revolucionario e figura clave na vangarda galega”.

A candidata, número 3, avoga por "non perder a nosa memoria nin a nosa cultura", “características que estarán garantidas coa entrada dun novo goberno en O Pino, así mesmo axudaran a crear economía”, afirma