Óscar Vilar «VilarFao»

Axenda pública obrigatoria para o Alcalde e concelleir@s con dedicación

Axenda pública obrigatoria para o Alcalde e concelleir@s con dedicación

21/05/2019

“O Alcalde debe ser o primeiro en render contas, non pode cobrar 40.000€ anuais, e que os veciños/as non saiban cal é o seu horario nin a súa axenda” sostén o candidato socialista de O Pino, Óscar Vilar

O candidato socialista polo PSdeG de O Pino, Óscar Vilar, promete que todo o seu equipo de goberno que conte con dedicación exclusiva, ou parcial, terá que ter publicada a súa axenda e horarios de traballo.

Vilar, critica e describe a actual situación; “temos un alcalde que cobra moi ben, concretamente 40.000€ brutos por ano, e atopalo no seu despacho é misión imposible” “non informa das ausencias nin o seu equipo, nin os funcionarios do Concello.  A reposta sempre é a mesma; non sabemos cando chega nin onde está”.

Óscar, aposta por limitar as dedicacións e soldos, manifestando que, “un Alcalde nunca debe cobrar por encima da media salarial do concello que goberna”. E, tamén, promete que fixará o número de dedicacions en base a criterios transparentes e obxectivos.