O candidato a alcaldía de O Pino polo PSdeG, Óscar Vilar Chento, o ten claro, no caso de conseguir a alcaldía unha das súas primeiras medidas será a creación da brigada municipal de obras e servizos con carácter permanente.
Vilar, xustifica a medida como; "unha necesidade perentoria que solucionará os problemas do cotiá, abaratará custos, e, tamén, axudará a crear emprego", segundo manifesta.
Asegura que, entre outras moitas funcións, a Brigada levará a cabo as seguintes tarefas; mantemento das instalacións municipais, reparación do mobiliario urbano, solucionará as pequenas incidencias, colaborará nos eventos, realizará pequenas obras e amaños, labores de corte e poda, e retirada de vertedoiros incontrolados.
Iniciativa que irá acompañada da posta en marcha dun número de comunicación de incidencias vía WhatsApp, onde calquera veciño/a poderá enviar, en tempo real, calquera mensaxe ou foto informando daquela anomalía que considere.