Óscar Vilar «VilarFao»

O Partido Socialista de O Pino presenta a súa candidatura

O Partido Socialista de O Pino presenta a súa candidatura

13/05/2019

Frenar a perda de poboación, construir a depuradora, dotación de solo industrial, mellora de accesos, concentracións parcelarias, construcción dun ximnasio e dun centro de día e potenciar a participación cidadadá son algunhas das liñas básicas do seu programa. Óscar Vilar Chento opta á alcaldía arroupado por unha nova lista “feminista, de xente moza, independente e sobradamente preparada capaz de devolver a ilusión”

ARCA. 11 de maio de 2019. O Partido Socialista do Pino presentou a súa nova lista de candidatos para as eleccións locais do próximo 26 de maio. “Unha lista feminista, independente, de xente moza e sobradamente preparada capaz de transmitir e devolver a ilusión aos votantes do concello”. Con estas palabras a definiu Óscar Vilar Chento, cabeza de cartel e líder da oposición no Concello do Pino nestes últimos cinco anos.

O acto tivo lugar en Arca na tardiña deste pasado sábado. Concretamente no auditorio Luis Seoane. Alí centos de veciños e veciñas arrouparon aos candidatos e candidatas. De primeira man tiveron a oportunidade de escoitar da voz dos once integrantes as liñas básicas dun programa “ambicioso, viable, e crible co que se pretende cambiar este municipio tras máis de vinte anos dirixido pola mesma xente”.

Tendo claro que O Pino é esencialmente rural e que está ás portas de Santiago unha das máximas é “frenar a perda de poboación”. A folla de ruta para tal fin pasa por: Modificar o PXOM para facilitar a construción de vivendas no rural e que este non morra, dotación dunha EDAR e do saneamento ás trece parroquias do territorio, acceso á vivendas de protección oficial con prezos asequibles para as familias, máis plazas de gardería, reforzos na área sanitaria de pediatría, a posta en marcha dun centro de día para persoas maiores, creación dunha brigada de Protección Civil para emerxencias. O programa tamén contempla a instalación dun ximnasio ou a construcción do anxiado campo da festa “tantas veces prometido”.

Máis oportunidades

No eido das oportunidades a prioridade socialista céntrase na dotación de solo industrial. Para isto apostan por “recuperar do polígono industrial do Amenal; a creación dun espacio colaborativo coworking para emprendedores e emprendedoras; a defensa dos sectores productivos coa compensación de cargas impositivas (catastrazo); as concentracións parcelarias de Gonzar, Pereira e Arca; ou melloras de accesos en San Miguel, Ferreiros e Arca. Tamén a revalorización do Camiño de Santiago e a análise de novas oportunidades de negocio para a veciñanza, loitando contra a competencia desleal e regularizando o turismo de peregrinaxe para unha correcta convivencia coas persoas residentes no municipio.

As comunicacións e o contacto directo coa veciñanza é outro dos baluartes na campaña socialistas do Pino. Defenden a chegada da fibra óptica e do wifi ao rural, así como as posibilidades das novas tecnoloxías “impulsando o whatsapp para comunicar incidencias ou o portal da transparencia para que calquera persoa poida saber que acontece nos plenos e nas xuntas de goberno”. Ademais se quere facilitar o protagonismo e a capacidade de acción de cada parroquia dotando a cada unha delas “dunha partida económica que poderán xestionar os veciños e veciñas en base ás súas necesidades”.

No apartado cultural o grupo socialista avoga polo incremento de becas para estudantes, a potenciación e promoción do patrimonio local e o fomento das asociación veciñais. Tamén se fala de reforzar aulas TIC con cursos de interese para todos e todas.

Mina non

Para rematar o acto de presentación da nova candidatura Órcar Vilar fixo alusión ao polémico caso da Mina e Touro-O Pino. “Unha mina que ten proxectadas as maiores balsas de lodos tóxicos de toda Europa non pode ser segura nin respectuosa co medio ambiente. Este proxecto pon en risco os nosos sectores produtivos e despois de quince anos de extracción de cobre deixarannos aí os pasivos mineiros, a contaminación e os estériles e mina. Non queremos sufrir as molestias das voaduras. Queremos vivir e seguir vivindo tranquilos.  Ata o de agora vivimos sen mina e podemos seguir vivindo sen ela.