Inma, manifesta que o PSdeG de O Pino, ten máis que demostrado que é o único partido de O Pino que defende os nosos servizos, “sempre estivo aí, denunciando os recortes no centro de saúde, reivindicando melloras para o noso colexio, foi o único partido que presentou emendas os orzamentos da Xunta demandando o EDAR, o Centro de Día”. “Estou convencida que toda esta labor de oposición, construtiva, se verá recompensada a partir do 26 de maio”, “e todo isto, é suficiente para sumarme a este novo proxecto”, sostén.
Así mesmo, tampouco acepta que todos os políticos locais sexan etiquetados co tópico “todos sodes iguais”, “nós, somos xente humilde, honrada e traballadora, con vocación de servizo que nos unimos para conseguir o cambio no noso concello”.
Cree, que toda aquela persoa que loita polo seus soños, acaba conseguindo que se cumpran, e que agora é o momento do cambio.