Os pioneiros en instaurar a democracia foron os gregos, aproximadamente no 500 a.C. Certo é que aquela forma de democracia dista moito do que entendemos como tal hoxe en día. O obxectivo dos gregos era darlle voz ó pobo para que todos eles tiveran decisión nos asuntos das cidades.
Hoxe en día esto non ocorre; se ben é certo que temos un sistema de votación para elexir ós nosos representantes, despois estamos totalmente subrogados ás súas decisións sen que ninguén teña en conta as nosas necesidades. Isto leva pasando en O Pino moitos anos, e isto queremos cambiar.
Queremos unha democracia na que todos poidamos participar independentemente do lugar onde vivamos, da idade que teñamos, do sexo ao que pertenzamos, e, da ideoloxía que teñamos. O Pino somos todas as persoas que conformamos as 13 parroquias. Cada un de nós é unha parte do noso concello, polo que cada aportación que fagamos xuntos, fará que O Pino medre.
Proporemos diferentes mecanismos a disposición da cidadanía para dar poder a cada unha das persoas do concello. Reverteremos a política unitaria á que estamos afeitos mediante a transformación democrática, coa finalidade de garantir os dereitos das veciñas e veciños de O Pino.
Non prometemos imposibles, pero sí prometemos darvos voz.