Óscar Vilar «VilarFao»

O candidato socialista Óscar Vilar critica que “o concello de O Pino non aplica unha rebaixa do IBI impulsada polo PSOE por un novo erro na xestión municipal”

O candidato socialista Óscar Vilar critica que “o concello de O Pino non aplica unha rebaixa do IBI impulsada polo PSOE por un novo erro na xestión municipal”

14/04/2019

“O noso programa apostará pola defensa do sector agrogandeiro e o medio rural”, asegura

Os socialistas de O Pino critican que “un ano máis, os erros na xestión municipal impiden que os veciños e veciñas se poidan beneficiar dunha rebaixa fiscal aprobada en decembro de 2017 por iniciativa do PSOE”.

O candidato socialista á alcaldía, Óscar Vilar, lembra que “o grupo do PSdeG-PSOE de O Pino demandou varias veces na presente lexislatura a modificación da ordenanza reguladora do IBI”. “Pedimos, vía moción, unha rebaixa fiscal no tipo de gravame para os bens de natureza rústica, así como unha bonificación na base impoñible para aquelas explotacións agrogandeiras en activo”, explica.

Vilar lamenta a falta de interese no asunto e afirma que “queda constatado, unha vez máis, que o alcalde actúa dunha forma arbitraria, e pouco ou nada lle importa o rural e o sector agrogandeiro; non é un feito illado, e outro máis, prometeu dúas veces traer o pleno os criterios para levar a cabo as bonificacións para as explotación en activo e seguimos esperando”.

Vilar garante que o programa do seu equipo apostará pola defensa do sector agrogandeiro e o medio rural. Comprométese a que “en menos de 100 días de goberno estarán fixados os criterios para acollerse ás mencionadas bonificacións, primando a escasa burocracia e facilitando o asesoramento técnico e gratuíto por parte do concello”.

A xente, cada día que pasa, está máis cansa de escoitar os políticos que hai que defender o rural, pero cando toca actuar desaparecen, nós si actuaremos, xa o temos demostrado na oposición, con este e outros asuntos, e o demostraremos con feitos no goberno”, engade.