Óscar Vilar «VilarFao»

Vilar promete unha campaña limpa e sen crispación

Vilar promete unha campaña limpa e sen crispación

12/04/2019

Espera que o resto de formacións, e poboación en xeral, faga o mesmo, e pide respecto para o que pensa distinto, “equivócase todo aquel, ou aquela, que aposta pola difamación buscando influír no resultado”

Óscar Vilar, o candidato á alcaldía do PSdeG-PSOE de O Pino, comprométese a facer unha campaña limpa e libre de crispación, “a crispación e o ruído é o que menos interesa aos veciños/as

Afirma que farán unha campaña baseada en propostas e pide o resto de formacións que aposten por esa liña , “a contraposición de ideas sempre dá unha visión máis obxectiva das cousas”, “nosoutros, a xente que formamos a lista do PSdeG-PSOE de O Pino, evidentemente que cuestionamos a actual forma de gobernar en O Pino, pero nunca nos atoparán no ataque directo e persoal a unha persoa, non é o noso estilo” afirma.

Por outro lado, solicitará, ó Alcalde, que a distribución do espazos gratuítos para a propaganda electoral se faga de acordo o que ordena a LOREG, o igual que a cesión de locais para os actos de campaña.

Espera que non se repita o de cada catro anos, reservar o uso dos locais, para logo despois non usalos, co único que fin de que o resto de formacións tampouco poida utilizalos, “tales feitos demostran moi pouco talante e madurez democrática”.