Óscar Vilar «VilarFao»

“Agora é o momento”, lema de Óscar Vilar para afrontar unhas municipais “nas que os veciños de O Pino teñen que apostar polo cambio e polo proxecto socialista”

“Agora é o momento”, lema de Óscar Vilar para afrontar unhas municipais “nas que os veciños de O Pino teñen que apostar polo cambio e polo proxecto socialista”

04/04/2019

O candidato presenta a súa web e ultima un programa “ambicioso, pero tamén crible e viable”

O candidato socialista á alcaldía de O Pino, Óscar Vilar Chento, presentou o seu lema de campaña, “Agora é o momento”, co que afronta unhas eleccións municipais “nas que estou convenido de que os veciños e veciñas apostarán polo cambio e polo noso proxecto”.

Vilar considera o lema unha mensaxe clara de cara o electorado: “Agora é o momento, o momento de votar e apostar polo cambio, un cambio máis que necesario no noso Concello”. “Agora, as portas do 26 de maio, os veciños dediden” sostén.

Ademais do lema, o candidato socialista presentou a súa web, vilarfao.gal, “unha ferramenta sinxela e dinámica para a veciñanza”. Vilar explica que “nunha primeira fase, con esta presentación, queremos dar voz aos veciños, para que fagan as súas achegas de cara o programa”.

Engade que será un programa “ambicioso, crible e viable, xirará sobre dez regras básicas”. “Apostamos por mudar as cousas, por uns mellores servizos públicos e pola defensa do noso medio e as nosas fontes de riqueza ligadas o sector forestal, agrogandeiro, comercio, e como non, o turístico relacionado co Camiño de Santiago”.